Mondra, Lina e Lola - Achar con quen casar



Teño un e teño dous, e contigo três amores

con algún hei de casar heime de adornar de flores.


Xa levaches um cabazo, dous ou três has de levar

xa verás que non has de achar, que non has de achar com quen casar.


Non has de achar com quen casar, non has de achar com quen casar. (non has)

Ti non has de achar com quen casar, non has de achar com quen casar. (verás)


Teño dous e teño três e contigo cuatro amores

con algum hei de casar se me marchan as calores.


Xa levaches dous cabazos, três ou cuatro has de levar

xa verás que non has de achar, que non has de achar com quen casar.


Teño três, eu teño cuatro e contigo cinco amores

con algum hei de casar para que choren os señores.


Xa levaches três cabazos, cuatro ou cinco has de levar

xa verás que non has de achar, que non has de achar com quen casar.


E levei cinco cabazos, seis ou sete hei de levar

levarei seis, sete, oito, nove ou dez ou inda mais.


      O artista galego Mondra presentou o seu novo álbum, De Ronda, un traballo que el mesmo define como "máis autoral, máis coral e máis conectado coas experiencias da mocidade". Mondra é claro sobre o espírito do disco: "Queremos que as cancións soen a hoxe, pero están feitas con instrumentación doutra época: frautas, acordeóns, ventos…".

      A música tradicional convértese no punto de partida de cada canción: "Moitas veces partimos dunha melodía tradicional ou dun arquivo sonoro antigo, dunha muller cantareira. Outras veces, dunha idea ou dunha historia".


Sem comentários:

Arquivo do blogue