Adios rios, adios fontes, adios regatos pequenos
Adios vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra, terra donde m' eu criey
Ortiña que quero tanto, figueiriñas que prantey.
Prados, rios, arboredas, pinares que move ó vento
Paxariños piadores, casiña dó meu contento.
Muhiño d'os castañares, noites craras de luar
Campaniñas trimbadoras dá igrexiña dó lugar.
Amoriñas d' ás silveiras, qu' eu lle dab' ó meu amor
Camiñiños antr' ó millo, adios, para sempr' adios!
Adios groria! adios contento! Deixo á casa onde nacin
Deixo á aldea que conoço, por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños, deixo á veiga pó lo mar
Deixo, en fin, canto ben quero... Quen pudera non deixar!
Adios, adios, que me vou, herbiñas do camposanto
Donde meu pai s' enterrou, herbiñas que biquey tanto
Terriña
que nos criou.
Xa se oyen lonxe, moi lonxe, as campanas do pomar
Para min, ay! coitadiña, nunca máis han de tocar
Xa se oyen lonxe, máis lonxe, cada balada é un dolor
Vóume soia, sin arrimo, miña terra, adiós!, adiós!
Adios tamén, queridiña, adios por sempre quizais!
Dígoch' este adios chorando, dend' a veiriña do mar.
Non m' olvides, queridiña, si morro de soidás
Tantas legoas mar adentro, miña casiña! meu lar!
Adios rios, adios fontes, adios regatos pequenos
Adios vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos.
O poema de Rosalía de Castro é uma despedida da vida, como o fez Violeta Parra com Gracias a la Vida. As duas senhoras despediram-se da vida
com dois poemas. Assim, com dois poemas! Que bom foi ter tido nas nossas vidas esta gente. E o Amancio e a Joan Baez.
Sem comentários:
Enviar um comentário